
Descargar SINGAMIA 1.1 en epub y PDF
Sinopsis de SINGAMIA 1.1
A comezos da década de 1980, Ric Ocasek, cantante de The Cars, dicía: «Os coches mudaron as nosas vidas, a xente fai o amor, nace e morre dentro deles. Ás veces mesmo chegan a conducilos.»
Así acontece hoxe coas máquinas: dos ascensores á intelixencia artificial, dos drons aos videoxogos, dos escáneres cerebrais ás cámaras ocultas. Obsérvannos até facernos transparentes. Non hai segredos para elas. Invadiron as familias, a saúde, a reprodución, as relacións persoais, toda a intimidade. Mesmo os soños. Adiantan as nosas necesidades e decisións, coñecen todo de nós… Mais, que sabemos nós delas?Singamia 1.1 (Queridas máquinas) culmina a triloxía AKTUAL de Ramón Caride coa vertixe dun futuro presente. Moitos dos acontecementos destes relatos, así como o xeito en que suceden, non serían posibles hai cinco anos. Só hai que mirar ao noso redor para poder ver o que temos diante dos ollos.
Ver más
RAMON CARIDE
Ramón Caride (Cea, Ourense, 1957) é autor dunha extensa obra literaria. Desde o poemario Paisaxe de verde chuvia (1986) publicou ducias de títulos de moi variados xéneros. A súa narrativa conta con obras tan destacadas como Soños eléctricos (Xerais, 1992), Premio Blanco-Amor; Sarou (Premio Café Dublín 1997), recollida no volume recompilatorio Sarou / Louzós (Xerais, 2012); O frío azul (Premio Lueiro Rey 2007, Premio Templis 2012 na versión española); O sangue dos camiños (Xerais, 2014), Premio Risco de Literatura Fantástica; ou os libros de relatos Flash-Black 13 (2014), Exogamia 0.3 (Xerais, 2011), Endogamia 0.2 (Xerais, 2013), Dedre (Xerais, 2004) ou Liquidación de existencias (Xerais 2016). O volume antolóxico As máscaras de Cronos (Xerais, 2006), A chuvia humana (2011), e Criptografías (2009) son as súas últimas entregas poéticas. Na súa produción xuvenil destaca a serie das aventuras de Said e Sheila (Xerais), ilustrada por Miguelanxo Prado, moi reeditada e traducida a distintos idiomas: Perigo Vexetal (Premio Merlín 1995), Ameaza na Antártida (1997), O futuro roubado (1999), A negrura do mar (2006), Premio Frei Martín Sarmiento 2006 e O camiño da Estadea (Xerais 2016). Dentro da súa produción infantil publicou en Xerais, Andanzas de Xan Farrapeiro (2009), A pomba dona Paz (2012), Catro amigos pillabáns (2012), O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas (2013) e As viaxes de Ruki (2014).
Ver ficha del autor
«SINGAMIA 1.1 pdf»
«SINGAMIA 1.1 pdf»

Datos del archivo:
- Visitas al libro: 1668
- Descargas totales: 1031
- Tamaño del archivo: 821 KB
- Formatos de descarga: PDF MOBI EPUB
Géneros literarios:
Juvenil
Ver otros libros de juvenil
Usuarios también llegan buscando:
descargar SINGAMIA 1.1 epub gratis
Estás por descargar SINGAMIA 1.1 en español gratis